AVISO LEGAL

DATOS IDENTIFICATIVOS DO TITULAR DO SITIO WEB
En cumprimento do deber de información estipulado no artigo 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, Telmo Cillero Vázquez, de agora en diante Artabros CrossFit, en calidade de titular do web site www.artabroscrossfit.com, procede a comunicarlles os datos identificativos esixidos pola referida norma:
Denominación social: Artabros CrossFit
Domicilio social: Avda. Fisterra 287, Baixo
CIF: 47367759H
Enderezo de correo electrónico: artabroscrossfit@gmail.com
A presente información conforma e regula as condicións de uso, as limitacións de responsabilidade e as obrigas que os usuarios da páxina Web que se publica baixo o nome de dominio www.artabroscrossfit.com asumen e se comprometen a respectar.

CONDICIÓNS DE USO
A simple e mera utilización da Páxina outorga a condición de usuario da Páxina, sexa persoa física ou xurídica, e obrigatoriamente implica a aceptación completa, plena e sen reservas de todas e cada unha das cláusulas e condicións xerais incluídas no Aviso legal. Se o Usuario non estivese conforme coas cláusulas e condición de uso deste Aviso legal, absterase de utilizar a Páxina. Este Aviso legal está suxeito a cambios e actualizacións, polo que a versión publicada por Artabros CrossFit pode ser diferente en cada momento en que o Usuario acceda ao Portal. Polo tanto, o Usuario debe ler o Aviso legal en todas e cada unha das ocasións en que acceda á Páxina.
A través da Páxina, Artabros CrossFit facilita aos Usuarios o acceso e a utilización de diversos Contidos publicados por medio de Internet por Artabros CrossFit ou por terceiros autorizados.
O Usuario está obrigado e comprométese a utilizar a Páxina e os Contidos de conformidade coa lexislación vixente, o Aviso legal e calquera outro aviso ou instrucións que se poñan no seu coñecemento, sexa por medio deste aviso legal ou en calquera outro lugar dentro dos Contidos que conforman a Páxina, así como coas normas de convivencia, a moral e bos costumes xeralmente aceptados. A tal efecto, o Usuario obrígase e comprométese a NON utilizar calquera dos Contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no Aviso legal ou pola lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos Contidos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático, propios ou contratados por Artabros CrossFit, doutros Usuarios ou de calquera usuario de Internet (hardware e software).
O Usuario obrígase e comprométese a non transmitir, difundir ou pór a disposición de terceiros calquera clase de material contido na Páxina, como informacións, textos, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software, logotipos, marcas, iconas, tecnoloxía, fotografías, software, ligazóns, deseño gráfico e códigos fonte, ou calquera outro material ao que tivese acceso na súa condición de Usuario da Páxina, sen que esta enumeración teña carácter limitativo. Do mesmo xeito, de conformidade con todo isto, o Usuario non poderá:

•- Reproducir, copiar, distribuír, pór a disposición ou de calquera outro xeito comunicar publicamente, transformar ou modificar os Contidos, a menos que se conte coa autorización escrita e explícita de Artabros CrossFit, que é titular dos correspondentes dereitos, ou ben que iso resulte legalmente permitido.

•- Suprimir, manipular ou de calquera xeito alterar o «copyright» e demais datos identificativos da reserva de dereitos de Artabros CrossFit ou dos seus titulares, das pegadas e/ou identificadores dixitais, ou de calquera outro medio técnico establecido para o seu recoñecemento.

O Usuario deberá absterse de obter e incluso de tentar obter os Contidos empregando para iso medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, se puxeran á súa disposición a este efecto ou se indicaran a este efecto nas páxinas Web onde se atopen os Contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet a este efecto, sempre que non comporten un risco de dano ou inutilización da Páxina, e/ou dos Contidos.

PROPIEDADE INTELECTUAL
Todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen na Páxina son propiedade de Artabros CrossFit ou, no seu caso, de terceiros que autorizaron o seu uso, sen que poida entenderse que o uso ou acceso ao Portal e/ou aos Contidos atribúa ao Usuario dereito algún sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos, e sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dos dereitos de explotación que existen ou poidan existir sobre os devanditos Contidos. De igual xeito, os Contidos son propiedade intelectual de Artabros CrossFit, ou de terceiros no seu caso, polo tanto, os dereitos de Propiedade Intelectual son titularidade de Artabros CrossFit, ou de terceiros que autorizaron o seu uso, a quen corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación. A utilización non autorizada da información contida nesta Web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de Artabros CrossFit ou de terceiros incluídos na Páxina que cederan contidos dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. En cumprimento da licenza de atribución para as iconas que emprega esta web extraídos de «the noun project», indicamos os seus autores a continuación: Vladimir, Juan Garces, Nicolas Vicent, Luis Prado, Sergey Demushkin, Gregor Cresnar, Gan Khoon Lay, anbileru adaleru, b farias, il Capitano, Vladimir Belochkin, Dinosoft L, Genius Icons e Adrien Coquet.

HIPERLIGAZÓNS
Aquelas persoas que se propoñan establecer hiperligazóns entre a súa páxina Web e a Páxina deberán observar e cumprir as condicións seguintes:

•- Non será necesaria autorización previa cando a Hiperligazón permita unicamente o acceso á páxina de inicio, mais non poderá reproducila de ningún xeito. Calquera outra forma de Hiperligazón requirirá a autorización expresa e inequívoca por escrito por parte de Artabros CrossFit.

•- Non se crearán «marcos» («frames») coas páxinas Web nin sobre as páxinas Web de Artabros CrossFit.

•- Non se realizarán manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou ofensivas sobre Artabros CrossFit, os seus directivos, os seus empregados ou colaboradores, ou das persoas que se relacionen na Páxina por calquera motivo, ou dos Usuarios da Páxina, ou dos Contidos subministrados.

•- Non se declarará nin se dará a entender que Artabros CrossFit autorizou a Hiperligazón ou que supervisou ou asumiu de calquera xeito os Contidos ofrecidos ou postos a disposición da páxina Web na que se establece a Hiperligazón.

•- A páxina Web na que se estableza a Hiperligazón só poderá conter o estritamente necesario para identificar o destino da Hiperligazón.

•- A páxina Web na que se estableza a Hiperligazón non conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.

DISPOÑIBILIDADE DA PÁXINA
Artabros CrossFit non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á Páxina, aos seus Contidos, nin que estes se atopen actualizados, aínda que desenvolverá os seus mellores esforzos para, no seu caso, evitalos, reparalos ou actualizalos. Por conseguinte, Artabros CrossFit non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no Usuario que traian causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo do Portal durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.
Artabros CrossFit exclúe, coas excepcións contempladas na lexislación vixente, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade, continuidade ou calidade do funcionamento da Páxina e dos Contidos, ao non cumprimento da expectativa de utilidade que os usuarios puideran atribuír á Páxina e aos Contidos.
A función das Hiperligazións que aparecen nesta Web é exclusivamente a de informar o usuario acerca da existencia doutras Web que conteñen información sobre a materia. As devanditas Hiperligazóns non constitúen suxestión nin recomendación algunha.
Artabros CrossFit non se fai responsable dos contidos das devanditas páxinas enlazadas, do funcionamento ou utilidade das Hiperligazóns nin do resultado das devanditas ligazóns, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nos mesmos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), os documentos ou os ficheiros do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao usuario por este motivo.
O acceso á Páxina non implica a obriga por parte de Artabros CrossFit de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao Usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas axeitadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños. Polo tanto, Artabros CrossFit non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir durante a prestación do servizo da Páxina, nin dos posibles danos que poidan causarse ao sistema informático do usuario ou de terceiros (hardware e software), os ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presenza de virus no ordenador do usuario utilizado para a conexión aos servizos e contidos da Web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.


CALIDADE DA PÁXINA
Dada a contorna dinámica e cambiante da información e servizos que se subministran por medio da Páxina, Artabros CrossFit realiza o seu mellor esforzo, mais non garante a completa veracidade, exactitude, fiabilidade, utilidade e/ou actualidade dos Contidos. A información contida nas páxinas que compoñen este Portal só ten carácter informativo, consultivo, divulgativo e publicitario. En ningún caso ofrecen nin teñen carácter de compromiso vinculante ou contractual.

LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE
Artabros CrossFit exclúe toda responsabilidade polas decisións que o Usuario poida tomar en base a esta información, así como polos posibles erros tipográficos que poidan conter os documentos e gráficos da Páxina. A información está sometida a posibles cambios periódicos sen previo aviso do seu contido por ampliación, mellora, corrección ou actualización dos Contidos.

NOTIFICACIÓNS
Todas as notificacións e comunicacións por parte de Artabros CrossFit ao Usuario realizados por calquera medio consideraranse eficaces a todos os efectos.

DISPOÑIBILIDADE DOS CONTIDOS
A prestación do servizo da Páxina e dos Contidos ten, en principio, duración indefinida. Artabros CrossFit, porén, queda autorizado para dar por rematada ou suspender a prestación do servizo da Páxina e/ou de calquera dos Contidos en calquera momento. Cando iso sexa razoablemente posible, Artabros CrossFit advertirá previamente da terminación ou suspensión da Páxina.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Artabros CrossFit é consciente da importancia da privacidade dos datos de carácter persoal e, por iso, implantou unha política de tratamento de datos orientada a prover a máxima seguridade no uso e recollida dos mesmos, garantindo o cumprimento da normativa vixente na materia e configurando a devandita política como un dos piares básicos nas liñas de actuación da entidade. Durante a navegación a través da web www.artabroscrossfit.com é posible se que soliciten datos de carácter persoal a través de diferentes formularios dispostos a tal efecto. Estes datos formarán parte dos pertinentes ficheiros en función da finalidade determinada e concreta que motiva a recolección dos mesmos. Deste xeito, a información particular de cada tratamento de datos achegarase xunto a cada formulario web, sendo común a todos eles o responsable do ficheiro: Artabros CrossFit, domiciliada en Artabros CrossFit, así como o lugar e forma de exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, que deberá formalizarse mediante unha comunicación escrita ao enderezo indicado anteriormente incluíndo copia do DNI ou documento identificativo equivalente. No suposto de que achegue os seus datos a través dunha mensaxe de correo electrónico, a mesma formará parte dun ficheiro cuxa finalidade será a xestión da solicitude ou comentario que nos realiza, sendo aplicables o resto de extremos indicados no parágrafo anterior. Do mesmo xeito, as condicións xerais de contratación dos servizos de Artabros CrossFit conteñen as características e natureza do tratamento dos datos que serán desenvolvidos pola mesma no suposto de que contrate calquera deles. Por outro lado, Artabros CrossFit implantou as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos Datos Persoais que os interesados puidesen facilitar como consecuencia do acceso ás diferentes seccións do website www.artabroscrossfit.com, aplicando as medidas de seguridade contempladas no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

XURISDICIÓN
Para cantas cuestións se susciten sobre a interpretación, aplicación e cumprimento deste Aviso legal, así como das reclamacións que poidan derivarse do seu uso, todas as partes participantes sométense aos Xuíces e Tribunais da Coruña, renunciando de xeito expreso a calquera outro foro que puidese corresponderlles. Lexislación aplicable O Aviso legal réxese pola lei española. Copyright © 2015 – Artabros CrossFit Reservados todos os dereitos de autor polas leis e tratados internacionais de propiedade intelectual. Queda expresamente prohibida a súa copia, reprodución ou difusión, total ou parcial, por calquera medio.