APRENDE E MELLORA
AS TÚAS HABILIDADES

Acceso a Facebook Acceso a Instagram Acceso a noticias de CrossFit

Curso Basics

Os alicerces

A nosa metodoloxía componse de movementos sinxelos e complexos, o cal resulta nunha mestura de multitude de técnicas de exercicio físico. Os movementos e adestramentos son escalables e adaptables a todos os niveis, mais ás veces poden resultar intimidantes desde fóra. Por iso ofrecemos a oportunidade de concertar unha clase de adestramento persoal cun dos profesionais que conforman o noso equipo para realizar un formato de aprendizaxe previa que denominamos «Curso Basics de Iniciación». Nesta formación dotaráseche de ferramentas e coñecementos para realizar os exercicios de xeito adecuado, progresivo e cunha introdución paulatina da intensidade cando te incorpores ás clases regulares.

Torque Program

Programa de alta intensidade
que te prepara para competires
en competicións.

The Torque Program trátase dun programa de Preparación Física Específica (PFE) deseñado para aqueles atletas que busquen enfocar o seu adestramento ás demandas e esixencias das competicións de CrossFit. A diferenza coas nosas clases regulares estriba na súa natureza, compartindo con elas a súa calidade única. Non deixes escapar a oportunidade de espremer o teu lado máis competitivo.

Mobility

Faite invencible

As sesións de Mobility están centradas no traballo de liberación miofascial, flexibilidade, saúde articular e, en definitiva, achegar ferramentas para manter o corpo humano nun estado óptimo ante as necesidades da práctica deportiva. En palabras de Kelly Starrett, gurú da mobilidade de CrossFit, creador de M|WOD e autor de The Supple Leopard (entre outros):
«Todo ser humano debería ser capaz de realizar un mantemento básico no seu propio corpo».

Gymnastics

Control total

Os movementos executados co noso propio peso corporal son a base sobre a que cimentar o resto das nosas habilidades. í por iso que o programa de Gymnastics é unha oportunidade excelente para mellorar todos aqueles exercicios ximnásticos utilizados nas nosas clases regulares de WOD, dos máis sinxelos aos máis esixentes. Axiña poderás superar retos como facer a vertical ou subir ás argolas a capricho.

Barbell Club

Maximiza a túa forza

Os beneficios do adestramento con barra e multiarticulares están amplamente comprobados. Estas clases de especialidade enfócanse, de xeito exclusivo, nos movementos de forza máxima e explosiva propios de Halterofilia e Powerlifting. Estes non só requiren unha programación ben deseñada, senón a ensinanza axeitada e constante das súas mecánicas. A práctica perfecta permitirache desenvolver unha técnica sen fallos.

Personal Academy

Sesións de adestramento persoal cun dos nosos adestradores. Solicita esta opción cara a cara para traballar debilidades, fomentar o desenvolvemento de novas habilidades e gozar dunha atención 100 % focalizada naquelas facetas que queiras desenvolver.